3 futbolistas do Arenteiro positivos en Covid-19. O Club activou o protocolo da RFEF, que obriga a suspender o partido ante o Arousa.

7, Xaneiro 2021

O club comunica que nos test que cada semana realiza ao plantel de xogadores, corpo técnico, auxiliares e persoal de CD Arenteiro, 3 futbolistas deron esta mañá resultado positivo. De inmediato, suspendéronse os adestramentos e activouse o protocolo Covid, dando conta tanto ao Sergas como a Real Federación Española de Futbol. Os demáis integrantes deron todos eles negativo.  A última hora da tarde, O Xuíz Único de Competición decretou unha resolución na que se acorda a suspensión do partido que debería enfrontar este próximo domingo dia 10 a Arenteiro e Arousa, os dous primeiros clasificados do grupo da terceira división, que se desputará en data que fixará o mesmo Xuíz Único tan pronto o permitan as circustancias.