31 establecementos da hostalaría carballiñesa participan nas "Xornadas Gastronómicas da Festa do Pulpo"

3, Agosto 2021

Un total de 31 locais da hostalaría carballiñesa ofrecen a próxima fin de semana o seu menú da Festa do Pulpo, dende o concello piden a todas as persoas, familias e grupos de amigos, que fagan a reserva con antelación para evitar aglomeracións e asi pode cumprir a normativa de seguridade ante a covid.

Esta mañá, os responsables municipais co alcalde Francisco Fumega á cabeza ofreceron unha recepción institucional no concello carballiñés ás entidades colaboradoras e patrocinadores, aos que o rexedor municipal agradeceu o apoio que cada ano prestan á Festa do Pulpo, este ano por culpa da pandemia -igual que xa acontecera en 2020- reconvertida en formato de xornadas gastrómicas na restauración local.

Pola sua parte, o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén transmitíu os parabéns a todos os que fan posible a organización desta convocatoria gastronómica malia as dificultades existentes, ao tempo que facía un chamamento público para poder gozar desta celebración gardando todas as medidas precisas que fagan deste evento un exemplo a seguir no contexto actúal.

No arquivo adxunto podes acceder á relación completa dos 31 locais adheridos a estas xornadas gastronómicas desta próxima fin de semana, sábado 7 e domingo 8 de Agosto: