4 de Xaneiro: 54 novos positivos diagnosticados nas 24 últimas horas no Carballiño, con 367 contaxios activos. Tamén aumentan os casos nos concellos da comarca.

4, Xaneiro 2022

O Carballiño alcanza hoxe os 367 casos activos de covid, polo que descontadas as altas médicas dadas no último dia, son 54 os novos positivos diagnosticados no municipio carballiñés nas últimas 24 horas, o que representa un novo record de incremento diario no concello do Carballiño.

No resto de municipios, as novas cifras actualizadas de contaxios é a seguinte: Maside 59, Boborás 27, Cea 25, Punxín 23 (+ 8 no último dia) San Amaro 19, Leiro (17) O Irixo 13, Avión 12, Piñor 6 e Beariz 5.