5 de Agosto: O Carballiño (-20) baixa aos 82 contaxios activos, con tendencia descendente en todos os concellos agás en San Amaro.

5, Agosto 2021

Hoxe sí que os contaxios activos experimentan un siñificativo descenso no Carballiño, pasado dos 102 casos de onte aos 82 de hoxe, asi que son 20 menos.

A tendencia descendente é xeralizada en todos os concellos, agás no de San Amaro que incrementa (+1) os casos activos e suma 6, o único concello que agora mesmo vai contracorrente.

Os datos actualizados a este xoves dia 5 de Agosto, concello a concello, presentan os seguintes contaxios activos: Avión (18) Boborás (15) Beariz (9) Maside (7) Cea (3) Piñor (3) O Irixo (3) Leiro (2) Punxín (1)