Acordo entre Partido Popular e Veciños de Piñor para dar estabilidade á gobernanza do concello

13, Xullo 2015

Ambas formacións políticas compartirán responsabilidades de goberno e terán representación paritaria na Xunta de Goberno.

O popular José Luis González, que foi investido alcalde o pasado dia 13 de Xuño co voto dos dous concelleiros da Agrupación Veciños de Piñor, nomeou a Uxío Rodríguez como primeiro teniente de alcalde.

O acordo de goberno xa foi escenificado no pleno de organización que ven de celebrar a nova corporación municipal, de tal maneira que o grupo socialista do exalcalde Francisco Fraga quédase coa exclusividade da oposición.

O portavoz de Veciños de Piñor e novo primeiro teniente alcalde manifestou en declaracións a esta emisora de radio que "o máis cómodo para nos despois de apoiar a investidura do alcalde sería quedarnos na oposición, pero tamén sería o máis insensato, por eso decidimos asumir a parte de traballo que nos corresponde e dar estabilidade a este concello.

O acordo inclúe unha rebaixa no custo económico da alcaldia e corporación.

O novo alcalde de Piñor -aclarou Uxío Rodríguez- "cobrará 22.560 euros anuais por unha dedicación parcial do 80%, o que representa unha redución dun 28% en relación ao que cobraba o anterior alcalde, case 33.000 euros",

Tamén se reducen os custos das convocatorias plenarias, xa que a partir de agora os concelleiros recibirán 40 euros por asistencia fronte aos 50 euros do anterior mandato. Tamén se recortan as asignacións económicas pola asistencia á Xunta de Goberno, que paan de 40 a 30 euros, e a comisión informativa de contas, que pasa dos 30 euros aos 25 que cobrarán de agora en adiante.