AFAMMER convida ás mulleres do rural das comarcas do Ribeiro e O Carballiño á xornada gratuíta "A muller rural como impulsora do desenvolvemento". Este sábado dia 8 en Arnoia Caldaria.

6, Xuño 2024

A Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural -AFAMMER- convoca ás mulleres do rural do Carballiño-Ribeiro a participar na xornada gratuíta "Apostamos polo rural, futuro e benestar das mulleres. A muller como impulsora do desenvolvemento".

Terá lugar este sábado dia 8 de xuño desde as 10 da mañá en adiante en Arnoia Caldaria Hotel Balnerario, na vila ribeirán da Arnoia. Ás 14:30 horas faráse un intermedio para o xantar, e lolo pola tarde continuarán as distintas intervencións, ponencias e relatorios nos que se achegarán varios proxectos que son unha realidade no rural de ambas as dúas comarcas.

A xornada pretende, ademáis, servir para revitalizar o movemento das mulleres rurais, e os diversos colectivos e asociacións que forman parte de AFAMMER.

No PODCATS de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Maria Asunción Fernández Alberte, portavoz da organización.