Agresión no Carballiño: Apuñalan a unha muller nunha vivenda, a agresora foi a súa exparella e foi detida pola Policia Local.

11, Abril 2024

Unha muller resultou ferida esta mañá nunha vivenda da rúa Conde Vallellano do Carballiño, foi traslada en ambulancia ao Centro de Saúde do Carballiño, onde foi atendida de varias feridas en brazos e pernas provocadas por arma branca ou obxeto punzante.

O suceso tivo lugar minutos despóis das 11:30 horas desta mañá de xoves, e a Policia Local do Carballiño detivo momentos despóis a presunta agresora cando se dirixía a Ourense despóis de contratar o servizo dun taxista do Carballiño. A dotacion da Policia Local do Carballiño interceptou ao taxi na AG-54 á altura de Maside, procedendo a súa detención.

No audio podes escoitar o testimonio da veciña que foi a primeira en auxiliar á víctima.