Alcalde e conselleira de Medio Rural buscan fórmulas de colaboración na prevención de incendios forestais

19, Abril 2017

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu en San Caetano ao alcalde de Piñor, José Luis González.

Ambos abordaron diferentes temas de interese para os veciños deste concello ourensán, centrados na mellora das súas condicións de vida.

Entre eles tivo unha atención especial todo o relacionado coa colaboración entre a Xunta e o Concello en materia de prevención e loita contra incendios forestais.