Antón Louro destaca que os proxectos do Plan E no Carballiño dan traballo a 222 persoas

30 Mar 2010
Antón Louro
O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, realizou esta mañá unha visita institucional ó concello do Carballiño, na que estivo acompañdado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Camilo Ocampo, e o Alcalde do Carballiño. O motivo da visita foi supervisar os proxectos desenvolvidos a través do plan E de 2009, nos que se investiron un total de 2.448.164 euros, repartidos en 7 actuacións, e que permitiron a contratación -según os datos oficiais- dun total de 103 persoas. Concretamente, o representante do Goberno , tivo ocasión de comprobar o resultado de dous proxectos, o acondicionamento da rúa Alexandre Bóveda, que tivo un coste de 449.249 euros, e a reforma das piscinas municipais, nas que o concello carbaliñés investíu 830.426 euros.  Louro anunciou que o Ministerio de Política Territorial xa aprobou todos os proxectos presentados polo concello do Carballiño para o FEIL corrrespondente a este ano 2010, cunha aportación económica por parte do Estado de 1.511.665 de euros. Desta vez, serán 22 proxectos, que preven a contratación de 119 persoas.

Comentarios

Me imagino que con esa visita

Me imagino que con esa visita no se dará la calle Alexandre Bóveda por inagurada? Es una verdadera verguenza como quedó.

Para ti quedaría mal pero

Para ti quedaría mal pero para min quedou ben salvo pola chapuza que deixaron nesta rúa onde reduciron o seu ancho reducindo excesivamente o ancho da beirarúa do lado dereito según se vai de Flores para o centro de saude que eso si que é unha vergonza.

Pareceme todo estupendo, casi

Pareceme todo estupendo, casi bucólico, pero quixera eu saber porque non se apoian ou se lle da preferencia a proxectos que unha vez feitos, sigan a dar postos de traballo (non 4 ou 5 e non para un par de meses) senon que máis. Podémonos fixar e tomar como exemplo o do concello de Avión que unha vez feito o proxecto, emprega a unhas cantas persoas, todo o ano!!! A min eso de romper as veirarúas que xa están feitas para xustificar que hai que cambialas de cor, cambiar de farolas ou reformas nas piscinas que despois non teñen manteñemento (e que neste intre parece un xardin botánico) pois que queredes que vos diga! que non son proxectos que despois xustifiquen creación de emprego a medio e longo prazo.

Totalmente dacordo; obras sen

Totalmente dacordo; obras sen mantemento = tirar cos cartos.