Argimiro Marnotes, sobre a posibilidade de que sexa elixido deputado autonómico e a súa continuidade como presidente de CD Arenteiro "tomaréi a que considere mellor decisión para o club"

24, Xaneiro 2024

Argimiro Marnotes confesou ante o micrófono de COPE O Carballiño que foi unha sorpresa inesperada a chamada do Partido Popular para incluílo na candidatura para as próximas eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo dia 18 de febreiro.

Por elo, Marnotes mostrouse moi agradecido porque no caso de resultar deputado electo tería a oportunidade "de seguir traballando polo Carballño e comarca" e tamén "porque o feito de que se acordasen dun é un recoñecemento a tantos anos de traballo na política", despóis de recordar que leva afiliado ao Partido Popular desde os inicios desta formación política.

A preguntas dos oíntes desta emisora de radio, sobre a súa continuidade como presidente de Club Deportivo Arenteiro no caso de que tivese que incorporarse ao Parlamento de Galicia, Marnotes mostrouse cauto e dixo que no caso de que se dese ese suposto tomaría "a decisión que fose mellor para o Arenteiro", recordando ademáis que con esta tempada remata o mandato de catro anos na presidencia do club, polo que haberá convocatoria electoral a finais de tempada ou que mesmo podería adiantarse un chisco antes.

No audio adxunto podes escoitar a entrevista íntegra a Argimiro Marnotes: