Arrincan plantas e voltean as xandineiras no centro do Carballiño

23 Mar 2010
Operarios muncipais reparan os danos causados
O Concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Garcia, denunciou hoxe os actos de gamberrismo da pasada fin de semana, e que provocaron varios desperfectos no mobiliario público, concretamente nas xardineiras da Praza da Mina  e nos maceteiros da Praza dos Irmáns Prieto, que apareceron envocardos, e coa terra esparcida, asi como nos xardíns da Praza Maior, ó lado da rúa Aldara, ónde os gamberros arrincaron varias plantas ornamentais. O Concelleiro amosou a súa preocupación por esta problemática, xa que non é primeira vez que esto sucede, sobre todo coincidindo coas fines de semana, polo que manifestou a súa intención de trasladar esta inquietude ó próximo consello de seguridade cidadán que se celebre. Ademáis, Bernardo García pedíu nunha interveción no programa "A Mañá de Cope O Carballiño" a colaboración da veciñanza para que se denuncien este tipo de feitos e ós seus autores, no caso de ser posible, xa que " estáse a causar un grave perxuício tanto medio-ambiental como económico contra bens públicos, que temos que pagar todos".

Comentarios

Si claro que é un problema de

Si claro que é un problema de educación e interese polo patrimonio público, claro que compre man dura, pero esto comparado co que se dilapida nos despachos oficiais é "pecata minuta". Aló si que se malgastan e se esfuman millóns, cantos están protestando e pedindo man dura con os que dan o mal exemplo e dilapidan os fondos públicos?. Non será que estamos a cargar contra os rapaces e non vemos, ou non queremos ver, os asuntos graves de verdade?. Non será que os pequenos aprenden dos grandes?. Non será que estamos acostumándonos coa impunidade?. Non será que a moral da historia é que o que é de todos non é de ninguén e pódese romper ou levar pra casa porque así o fan os que deberían predicar co exemplo?

Todo consiste nun problema de

Todo consiste nun problema de sensibilidade e respeto co medio ambiente que non soubemos nin sabemos instaurar-inculcar nos nenos/as mozos/as. Nos colexios hai unha clara deficiencia con respeto a educación ecoloxica. Estamos a anos luz dos paises nordicos e do respeto que teñen alí as cousas públicas e a natureza. Cada vez estou máis convencido dese dito despectivo que teñen os franceses con respeto os españois "Africa, comenza dos Pirineos para abaixo" Estes comportamentos e actos vandálicos non deixan de lle dar a razón os franceses. ¡Que mágoa, que os galegos non saibamos coidar do maravilloso xardín no que nos atopamos!

Oxala pillen ós autores

Oxala pillen ós autores destes actos vandálicos e ademais de imponerlles unha boa multa para escarmentalos lles obrigen a facer traballos para a comunidade durante unha boa temporada tales como borrar pintadas, repoñer as xardineiras destrozadas noutros actos vandálicos, repoñer as árbores e a vexetación estragada por outros gamberros, barrer e regar as rúas do Carballiño, vaciar os contenedores e papeleiras das rúas e cousas parecidas. Con semellantes medidas xa veriádes como se lles pasaban as ganas de facer destrozos no mobiliario público das rúas.

Totalmente dacordo, a esta

Totalmente dacordo, a esta vila faille falata MAU DURA!!!

Neste pobo temos ó que

Neste pobo temos ó que merecemos,pero quizáis todo ven provocado pola ineficacia dos nosos politicos e pola corrente tan negativa que están a provocar na cidadanía tanto a nivel estatal coma de comunidades coma de concellos,ó río anda revolto pode ser que teña que pagar estas circunstancias ós máis debiles as nosas plantiñas. Pero para LISTO E SEN QUE VEÑA NADA A CONTO DESTRE TEMA XA ANDA Ó CACIQUE DO PACHI,QUE SEMPRE ANDA A METERSE CO INFINITAMENTE PRESIDENTE NUÑEZ FEIJOO PÓÑASE COMA SE POÑÁ Ó DE DACÓN,QUE RESULTA QUE AGORA A SÚA TÁCTICA É PACTAR CO PP PARA DAR UNHA IMAXE MÁIS COHERENTE VESAXE,PACTO DA LEI DO SOLO. PACHI VAITE XA.

¿E iste comentario que ten

¿E iste comentario que ten que ver cos actos vándalicos?. A ver se o final vai ser que foi o señor Pachi "Socialiator" Vázquez o autor material dos actos vándalicos...;).

xa che se viu u plemeiro os

xa che se viu u plemeiro os mesmos inoperantes de sempre os do PP a vista, opinar sin facer nada

E que ten que ver o seu

E que ten que ver o seu comentario coa falla de civismo e educación dos que fan estragos co ben público no Carballiño? Hai que pensalas un pouco...