A asemblea de Alternativa Veciñal rexeita integrarse no goberno municipal socialista

4, Xuño 2015

A Asemblea de Alternativa Veciñal decidíu por "maioría cualificada, rexeitar a oferta de entrar nun goberno co grupo que máis votos obtivo no concello do Carballiño", en referencia ao PSdeG.

Bernardo García exercerá, asi pois, a oposición ao goberno que presidirá Paco Fumega. Concluíu a asemblea de Alternativa Veciñal que "as experiencias doutras formacións minoritarias que compartiron goberno co PSOE sempre resultaron negativas".

Engaden que "o capital político que representa Alternativa Veciñal correría o risco de que se confundise a súa labor no goberno municipal coas prácticas corruptas e coas decisións contra a maioria social dun partido con múltiples implicados en procedementos xudiciais como consecuencia da súa actividade en institucións públicas".

Tras esta negativa de Alternativa Veciñal de integrarse no futuro goberno municipal, aos socialistas tan so lles queda como posilbe socio de goberno o BNG, aínda que no seo da formación nacionalista tampouco entusiasma a idea compartir goberno co PSdeG.