A Audiencia Provincial ratifica a sentenza que recoñece aos comuneiros de Cristimil e A Torre como propietarios do monte da Cidade, onde a Xunta construíu o parque arqueolóxico da cultura castrexa

4, Setembro 2019

A Audiencia Provincial ven de ratificar, e por unanimidade dos tres maxistrados, a sentenza emitida anteriormente polo Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de Ourense na que se estimaba a acción declaratoira de dominio interposta pola Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Cristimil e A Torre, onde se ubica tanto o castro da cidade como o edificio do parque arqueolóxico da cultura castrexa.

Esta sentenza fora recurrida pola Xunta de Galicia, e agora a Audiencia Provincial ratifica a sentenza anterior, recoñecendo a todos os efectos os dereitos dos comuneiros.

Non obstante, esta sentenza da Audiencia ainda podería recurrirse ante o TSXG no prazo de 20 dias.

A resolución xudicial volve, polo tanto, considerar que as 15 hectáreas que o concello de San Amaro cedeu á Xunta forman parte do monte comunal dos veciños de Cristimil e A Torre dende tempo inmemorial en rexime de aproveitamento colectivo.

Tamén recolle a sentenza que o asentamento do castro non impide recoñecer a titularidade comunal, e tamén que a posesión por parte do concello de San Amaro e a cesión que fixo á Xunta quedan polo tanto "inoperantes xuridicamente".

A sentenza ordena ao Rexistro da Propiedade do Carballiño a cancelar as inscripcións contradictorias sobre a titularidade do monte.