"Augas do Arenteiro" xa xestiona o Ciclo Integral da Auga no Carballiño. Escoita aquí ao alcalde en funcións, Pepe Castro-Gil.

"Augas do Arenteiro" a sociedade impulsada pola UTE integrada por COPASA, GESECO e ESPINA, que resultou adxudicataria do contrato municipal para os próximos 20 anos, xa se fixo cargo da xestión do servizo tras o traspaso coa anterior adxudicataria, realizado nos últimos dias.
A nova xestora abríu a oficina de atención ao público na rúa Cánovas del Castillo, ao lado da igrexa vella, e xa activou o teléfono de avarias, que é o 988 040133.
Ademáis, o alcalde en funcións avanzou tamén o inicio das obras do proxecto de acondicionamento das Barcias, no parque municipal, que inclúe a construcción dun auditorio ao aire libre e unha zona deportiva e de ocio.
Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal a Pepe Castro-Gil: