Barbadás e Arenteiro, igual de malos, reparten os puntos ( 0-0 )

21 Feb 2010
Nin Barbadás nin Arenteiro demostraron esta tarde ser dous dos equipos que forman parte do pelotón que loita por meterse nos postos de privilexio desta liga. Os locais, moi lonxe do equipo sempre perigoso dos últimos anos, e o Arenteiro na súa liña de irregularidade á que xa nos tén acostumados esta tempada, cun primeiro tempo no que foi tan malo coma o Barbadás, e algo mellor na segunda parte, curiosamente cando se quedou con dez xogadores no campo por doble amarela ó defensa Padín. Foi entón cando mellor controlaron o partido os carballiñeses, que tiveron unha inmellorable ocasión para adiantarse no marcador nun balón que, co porteiro local batido, non lograron cabecear nin Tacón nin tampouco Fran. A dez minutos do final, Juan José -que acababa de entrar no lugar de Fran- protagonizou outra curiosa xogada: desde caseque o centro do campo vé adiantado ó porteiro do Barbadás e lanza un chupinazo sobre a porteria local que vai por enriba do traveseiro por moi pouquiño, de tal maneira que o efecto óptico fai que pareza que o balón acabase dentro da portería, incluso o linier dá o gol e provoca unha curiosa confusión, que logo aclara o árbrito sinalando saque de portería. Tivo que quedarse o Arenrteiro con 9 xogadores no campo, por expulsión de Gil, para que o Barbadás lograse fabricar unha clara ocasión na portería de Iván, pero cando xa os seguidores locais cantaban o gol, apareceu providencial baixo paus Nacho Currás para despexar o balón. Malia acabar o Arenteiro o partido con dous expulsados a arbitraxe foi correcta e o reparto de puntos fixo xustiza os poucos méritos de unhos e outros, nun partido malo que pudo gañar ou perder calquera dos dous.

Comentarios

Parece que o Arenteiro ficha,

Parece que o Arenteiro ficha, Alex, central do Ourense, novo xogador do Arenteiro.

Que pena, penita, pena de

Que pena, penita, pena de equipo. Señores de la directiva o imponen medidas draconianas para lo que queda de temporada o el Arenteiro se lo llevaran las aguas del río del cual el equipo toma el nombre. ¡¡¡¡Soluciones y dimisiones ya!!!!!

mentras non cambie esta

mentras non cambie esta directiva,nin ascenso nin outra cousa, a seguir chupando preferente (outros sabe dios cantos anos), esto sólo ten un nome PENOSO, o do ascenso ainda é o de menos, a moitos socios o que nos preocupa ainda maís é como vai quedar o Club economicamente, deiquí a unhos dias farán coma o ano pasado, deixarán de pagarlle os xogadores e iles (a directiva) tan contenta. ¡ Que imaxen !

PERO DA A CARA,PARECEME

PERO DA A CARA,PARECEME PATÉTICO ESCONDERSE DETRÁS DUN SMS,É DE COBARDES,ASI TMOS Ó QUE TEMOS NESTE POBO,XENTE CON POUCA INICIATIVA E SEN GAÑAS DE QUE Ó CARBALLIÑO MEDRE,HAI QUE APOIAR A DIRECTIVA DO ARENTEIRO,DUNHA FORMA OU DOUTRA,E NON SÓ CRITICAR E CRITICAR HAI QUE ESTAR ÁS DURAS E ÁS MADURAS,POLO TANTO HAI QUE ARRIMAR Ó HOMBRO E DEIXARSE DE TONTERÍAS,E SE CHE PARECE MAL Ó QUE TE DIGO,QUEDAMOS E FALAMOS,ADIANTE ADOLFO E COMPAÑIA,FIRMA EDELMIRO MATEO(FILLO).

Outra arrastrada máis, e

Outra arrastrada máis, e temos unhos xogadores que son máis infantiles que Heidi no país das mil maravillas. En fin, outras tempada máis en preferente. Esperemos que para o ano se fagan as cuosas cun mínimo de sentido común e non coma os últimos 15 anos.

ADOLFO E DIRECTIVA SEI QUE

ADOLFO E DIRECTIVA SEI QUE AGORA CHEGARAN AS CRITICAS POR PARTE DOS QUE NUNCA FAN NI FARAN NADA POLO ARENTEIRO NIN POR NINGUN EQUIPO DO CARBALLIÑO,SEINO PQ ESTOU A VIVIR UNHA SITUACIÓN PARECIDA A VOSA,PQ É MOI FACIL CRITICAR DENDE AFORA,CRITICAR TODO Ó QUE SE FAI SEA BÓ OU MALO,Ó IMPORTANTE É TER Ó POBO CONFRONTADO PR UN DEPORTE SEXA FÚTBOL OU NO MEU CASO FUTBOL SALA. ONDE ESTÁN ESES QUE CANDO HAI QUE FACER SOCIOS,OU HAI QUE APORTAR MÁIS DIÑEIRO ESCONDENSE,SEMPRE CRTICANDO E MEZCLANDO Ó DEPORTE COA POLITICA,Ó FUTBOL E ALGO PARA ESTAR UNIDOS,PARA APOIAR Ó EQUIPO QUE NOS REPRESENTA E NON PARA CRITICAR CRITICAR E CRITICAR,ÁNIMO ADOLFO E COMPAÑÍA,APOIO A VOSA LABOR E NO FAGADES NIN CASO DOS BOTAARATES QUE SÓ SE DEDICAN A CRITICAR,EU NON ME ESCONDO,FIRMA EDELMIRO MATEO(FILLO).

xente da casa xa!!!!

xente da casa xa!!!!