BNG e PSOE critican a instalación de cámaras de vixiancia nas dependencias municipais

16, Novembro 2012

O Partido Popular fixo valer a súa maioria no pleno para sacar adiante os expedientes de modificación das ordenanzas fiscais 2013, a disolución do Patronato de Deportes ou o sistema de control dos traballadores municipais.

A proposta da alcaldia de control horario dos traballadores municipais que se vai implantar na casa do concello, na nave da Uceira e en Servizos Sociais, foi duramente criticada pola concelleira do BNG, que votou en contra, Áurea Francisco dixo que "se estaba violentando a intimidade dos veciños" referíndose á instalación de cámaras de vixiancia e tres reloxios de control horario, "o que se pretende facer en servizos sociais é propio dun estado policial". Paco Fumega -os socialistas abstiveronse- demandou que "se manteña a privacidade dos veciños, especialmente en servizos sociais, onde hai que ter un trato exquisito coa xente". O Portavoz Popular asegurou que "se vai cumplir a lei e a privacidade, que é fundamental, para nada se vai violentar, trátase dun control normal dos traballadores", dixo Martín Nogueira. O Alcalde anunciou que o sistema terá un custo de 7.000 euros e manifestou "non entender o concflicto que lle provoca á oposición este tema cando na época do bipartito xa se fichaba, solo terán problema os traballadores que non cumplan co seu traballo".

O outro punto de debate e maior discrepancia entre goberno e oposición foi o relativo á modificación das ordenanzas fiscais para o ano 2013. Varias taxas experimentarán un notable incremento "para adaptalás ao plan de axuste e saneamento do concello" explicou o rexedor municipal, que fixo referencia "a herdanza recibida que nós estamos pagando, esto non é máis que unha responsabilidade de todos con todos para que este concello poida pagar". Desta maneira xustificou o alcalde carballíñés subidas como as que se experimentarán no conservatorio de música e nas escolas municipais. dun 20% e 15%, respectivamente. Outras taxas, como a auga elevanse dacorde ao incremento do IPC máis un punto, ou o IBI, que terá un aumento como consecuencia do novo coeficiente municipal, fixado con carácter xeral para todos os municipios. Os dous grupos da oposición votaron en contra ao entender "que son subas brutais ás que terán que facer fronte os veciños". 

A corporación certificou a defunción do Patronato de Deportes, un organismo municipal que levaba máis dunha década sen actividade, a oposición abstivose.

O pleno -a proposta da concelleira nacionalista Áurea Francisco- gardou un minuto de silencia en memoria das 50 mullleres que no último ano foron víctimas da violencia de xénero. Precisamente, no trancurso da sesión  trataronse mociós do BNG e PSOE sobre o dia da non violencia contra as mulleres  e dia internacional contra a violencia de xénero, que se conmemora o 25 de Novembro.