Caamaño e Trigás retanse con ir ó xulgado, mentres o BNG pide a intervención do Consello de Contas

2, Maio 2011

O Grupo Municipal do BNG remitíu un escrito ó Conselleiro Maior do Consello de Contas de Galicia, no que solicitan que se interveña de oficio por parte deste organísmo, para aclarar "con rigor cál é a situación do estado das contas no Concello de Boborás". A portavoz do BNG, Mª Dolores Cachafeiro, que xunto o tamén Concelleiro Manuel González, asinan esta solicitude, expoñen no escrito "as graves acusacións cruzadas entre membros do actúal grupo de goberno relativas a unhas posibles irregularidades nas contas municipais". Despois da celebración do Pleno da Corporación, no que os votos de BNG, PSOE e os dous concelleiros do Partido Popular que se apartaron do grupo municipal, impediron a destitución do Tesoureiro José Benito González Trigás, éste e O Alcalde Cipriano Caamaño, manteñense inflexiibles nas súas posturas e retanse mutuamente con trasladar o caso á xustiza. O Tesoureiro asegura que a súa xestión é correcta, e que as irregularidades foron cometidas polo Alcalde, ó ordenar transferencias sen ter a autorización de tesourería, mentres que O Alcalde afirma que o problema débese ó cobro dunhos cheques que realizou o tesoureiro e que están sen xustificar os gastos realizados. O Secretario do Concello  Boborás chegou a advertír ó Tesoureiro, no transcurso da úlitma sesión que celebou a Corporación, da  súa actuación irregular ó sacar fora das dependencias municipais o libro oficial de contas, unha conducta que incluso, de confirmarse, podería estar incurrindo en  delito penal.