Campaña de recollida e envio urxente para Ucrania de Cáritas Parroquial do Carballiño. Recóllense enseres, comida e medicamentos.

2, Marzo 2022

Os puntos de recollida  son o local de Cáritas Parroquial, no baixo da casa rectoral do Carballiño -Rúa Evaristo Vaamonde,3- en horario de 11:00 a !3:00 horas, e no Templo da Veracruz en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Pídese a doazón de enseres (mantas, sacos de dormir, cueiros para nenos, toalliñas húmidas, compresas, calcetíns e gorros para mulleres e nenos, calcetíns e gorros escuros para homes, guantes de latex, muletas ou sillas de rodas). Comida instantánea non envasada en cristál, conservas, café soluble e te. Tamén medicamentos tales como apósitos, vendas de todo tipo, auga oxixenada, yodo, clorhexidina, analxésicos, antiqueimaduras, antibióticos, protectores gástricos, torniquetes ou set de curas.

O párroco de San Cibrán do Carballiño, por medio dunha carta dirixida a toda a poboación carballiñesa, fai un chamamento á colaboración con esta campaña solidaria e da conta dos detalles de organización da mesma.

Podes ler a carta do párroco Jorge Juan Pérez Gallego abrindo o arquivo adxunto: