Cántas papeletas terás para elixir o teu voto no 28-M ? Aquí tes todas as candidaturas que se presentan no teu concello nas eleccións municipais

26, Abril 2023

O Carballiño será o concello con máis candituras, cinco en total, seguido de Punxín, PIñor, San Amaro,  e Avión. onde o electorado poderá elixir entre catro candidaturas.

Tres candidaturas desputaránse a gobernabilidade dos cocelllos de San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Leiro e Beariz. Finalmente, o concello cunha oferta electoral máis reducida no noso ámbito será o de Boborás, con tan so dúas candidaturas.

Partido Popular e PSOE preséntanse en todos os concellos, incluido o de Avión onde a Xunta Electoral deberá subsanar un erro na publicación, xa que omitiu por un erro a candidatura do PP, que si foi presentada en tempo e forma.

O Bloque Nacionalista Galego preséntase en nos concellos do Carballiño, Punxín, Piñor, San Cristovo de Cea, Leiro e Beariz. Espazo Común concurre nos municipios do Carballiño, Piñor e San Amaro, e VOX debuta nunhas eleccións municipais no concello de Avión.

Finalmente, os concellos de Avión, O Irixo e San Amaro contarán o 28-M con candidaturas independientes.

Para ver as candidaturas no teu concello abre o seguinte enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=95&fecha=202...