A carballiñesa Marta Sonia González Pérez, candidata ao Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional, como integrante do Grupo Español de Mieloma (GEM)

A doutora carballiñesa Marta Sonia González Pérez, hematóloga do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, forma parte do Grupo Español de Mieloma -GEM- que opta ao Premio Princesa de Asturias 2026 na categoria de Cooperación Internacional.
O modelo GEM conecta a unha rede da que forman parte 100 hospitais de toda España, asi como a hospitais repartidos por Europa, América, Asia e Oceanía, sendo un referente global na investigación, diagnóstico e tratamento do Mieloma Múltiple.
A doutora carballiñesa ven distinguíndose estes ultimos anos polas súas aportacións á comunidade gobal de mieloma no papel da Intelixencia Artificial na investigación contra o cancro sanguíneo, a terapia e o transplante de médula ósea.
No seguinte enlace podes escoitala nunha das súas intervencións públicas: