Cea, O Irixo e Piñor á cabeza da inmunización na comarca, Beariz e Avión os máis atrasados. No Carballiño, 9.684 persoas xa recibiron a pauta de vacinación completa.

30, Agosto 2021

O concello de San Cristovo de Cea sitúase á cabeza no proceso de inmunización na comarca do Carballiño, rondando o 90% da súa poboación maior de 12 anos xa coa pauta completa da vacinación.

Moi preto, superando lixeiramente o 87% de inmunización na súa poboación están os concellos de Piñor e O Irixo. Entre o 82% e o 84% de inmunidade ante a covid  entre a súa veciñanza están os concellos de Leiro, San Amaro e Punxín, mentres Maside sitúase no entorno do 80%.

No Carballiño, o 75% das persoas mairoes de 12 anos xa completaron a pauta de vacinación, o que representa unha poboación de 9.684 veciños e veciñas do Carballiño que xa están inmunizados, mentres que outras 3.229 persoas aínda están pendientes de acadar a inmunidade, ás que hai que sumar 1.176 menores de 12 anos de idade, o que fai un total de 4.405 persoas que aínda non contan con protección ante a covid.

Por detrás está Boborás, co 72,80% de persoas que xa contan con inmunidade. Xa finalmente, á cola do proceso de vacinación están os concellos de Beariz co 65% da súa poboación diana, e Avión, co 65% da súa poboacion, que son ademáis os dous concellos de toda Galicia máis atrasados según os datos de Sanidade. Unha situación que tería a súa explicación para o alcalde de Avión "temos moitos emigrantes que contan coa súa tarxeta do Sergas, pero que xa viñeron vacinados dos seus países de residencia, por eso non figuran nos datos do Sergas como vacinados, cando a maioría sí o están", aclarou nesta emisora de radio o rexedor municipal de Avión, Antonio Montero.