Celebración azulgrana no Carballiño "controlada" pola Policia Local

29, Maio 2011

A victoria blaugrana no Wembley Stadium desatou a euforia dos seguidores carballiñeses, concentrados no entorno do santuario culé, a "Casa Piruxo", ónde a empanada galega e o cava catalán fixeron unha perfecta maridaxe para celebrar un novo éxito do Barça. Nada máis rematar o partido que deu os culés a cuarta Copa de Europa, centos de afeccionados sairon ás ruas do Carballiño, unha boa parte deles deronse cita na sede da Peña Barcelonista liderados polo "mítico Pituxo", que repartiu abrazos e  saúdos entre numerosos amigos. Un espectáculo de fogos artificiais e clásicos cánticos como os de "boti, boti, madridista  el que no boti" resoaron na noite carballiñesa. A anécdota da celebración, que transcurríu  sen incidentes, foi a chamada da atención dunha patrulla da Policia Local a unhos afeccionados que se dispoñían a pintar coas coores azul e grana o paso de peóns, sen embargo pouco efectiva foi a advertencia, xa que momentos despois da retirada da dotación policial, proseguiron coa súa idea, e finalmente, materializaron o seu obxetivo no medio dos aplausos da concurrencia.