Cinco denuncias tras os incidentes rexistrados nas piscinas do Carballiño por dous mozos: agresións a persoas, amenazas, e destrozos nas instalacións

Os feitos aconteceron na tarde deste pasado mércores nas piscinas do Carballiño, un grave episodio violento protagonizado por dous mozos veciños do concello do Carballiño, e presenciado polos numerosos usuarios -moitos nenos- que estaban no recinto, atónitos co que pudo verse.
Ata cinco denuncias están presentadas contra os autores desta auténtica batalla campal, o concesionario do bar por destrozos de botellas e equipamento nas instalacións, as dos dous socorristas que estaban de servizo, que foron agredidos e sufriron lesións, asi como a encargada da "taquilla", á que amenazaron esixíndolle a entrega de diñeiro obtido pola venda de entradas.
Tamén presentou denuncia o concelleiro de deportes Pepe Castro-Gil, pola actitude violenta dos dous mozos e os danos causados no recinto público.
Cando chegaron ás piscinas Policia Local e Garda Civil, os protagonistas dos incidentes xa fuxiran, sendo posteriormente identificados e detidos. Esta mañá pasaron a disposición xudicial.