"Clownómadas", proclámase como a compañía gañadora do 1º Festival Internacional de Clown do Carballiño

20, Abril 2025

Clownómadas coróase como gañadora da Primeira Edición do Clownconcurso co seu espectáculo “Sen destino"

Tras unha emocionante e desputada votación por parte do público, resultou que esta compañía chegada desde Mallorca, alzouse co primeiro posto grazas ao seu espectáculo “Sen destino”, unha proposta cargada de humor, emoción e talento que conquistou ao público asistente a este festival celebrado durante esta semana santa no auditorio carballiñés.

A decisión non foi doada: a votación estivo moi axustada e reflexou o altísimo nivel de todas as compañías participantes, que ofreceron funcións moi aplaudidas e ben recibidas polo público. Aínda así, Clownómadas conseguiu destacar pola súa orixinalidade e entrega enriba do escenario, deixando unha fonda pegada nesta edición do Clowncurso.

Desde a organización, a cargo da Escola Galega de Clown, felicitan a todas as compañías participantes polo seu traballo, creatividade e paixón, e agradecen ao público a súa implicación e entusiasmo en cada función.