A comarca rexistra 54 casos activos de coronavirus, deles 30 en Beariz e 12 no Carballiño.

26, Novembro 2020

O Carballiño baixa hoxe en 4 casos os contaxios activos en relación a onte, e sitúa a cifra actualizada en 12 persoas. Tamén descenden as persoas enfermas de Covid-19 en Cea, que onte tiña 3 positivos activos e hoxe quédase cun único caso.

Non hai variacións no resto dos concellos, no que destaca negativamente o concello de Beariz, que continúa con 30 contaxios activos. Maside, Piñor e Boborás mantéñense en 3 casos. No Irixo, 2 e con cero contaxios activos, libre de virus, estan outro dia máis San Amaro e Punxín.