A concelleira de Educación e Promoción Social, Lorena Castro, anuncia obras de mellora na biblioteca, auditorio e a reforma integral do polideportivo do colexio da Uceira.

11, Abril 2025

A concelleira do grupo do PP, Lorena Castro, responsable das áreas municipais de Promoción Social e Educación, repasou en COPE O Carballño a actvidade que está desenvolvendo dentro das súas responsabilidades no concello do Carballño.

Asi, a concelleira anunciou as obras de mellora que están programadas para a biblioteca da Casa da Cultura, e que se financian cunha aportación de 30.000 euros procedentes do Plan de Cooperación da Deputación, asi como as actuacións que están a facerse no audiotorio do Carballiño para correxir a problemática do Gas Radon nas dependencias que ocupa o Conservatorio de Música.

Lorena Castro tamén falou das axudas municipais ás AMPAS dos centros educativos do Carbaliño, e da visita do conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodríguez, prevista para este sábado dia 12 e na que o mandatario autonómico asinará co concello do Carballño o convenio para a reforma integral do polideportivo do colexio da Uceira, que unha vez executada, facilitará o seu uso para actividades municipais fora do horario lectivo. A obra faráse cunha aportación autonómica de medio millón de euros.

Escoita aquí a entrevista a Lorena Castro: