A conselleira Fabiola García analiza co alcalde de Leiro propostas para mellorar a conciliación das familias neste concello

3, Maio 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, reuniuse esta mañá co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, para analizar diferentes propostas do rexedor para mellorar a conciliación das familias deste concello ribeirao.

O encontro, que se mantivo no edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela, serviu para poñer en común os servizos que hai en Leiro e en que se pode avanzar para mellorar a vida das familias á hora de compatibilizar o traballo co coidado dos seus fillos.