A Consellería de Facenda detecta graves irregularidades na construcción da canceira e pídelle ó Concello a devolución de 250.000 euros

23, Xullo 2010

(Redacción. Rocio Campos) A Consellería de Facenda da Xunta de Galicia reclama ó Concello do Carballiño a cantidade de 250.000 euros, motivada por unha mala xestión  feita dunha subvención utilizada no seu día para a construcción da canceira do Carballiño, sendo Pachi Vazquez Conselleiro de medio-ambiente, entre as irregularidades detectadas están certificacións mal emitidas e pagos sen xustificar. Cabe recordar que María José Pérez, concelleira de Medio Ambiente naquela época, nunca se manifestou sobre as xestións feitas durante a obra de construcción da canceira. Un asunto que resulta de moita gravidade, xa que evidencia o que se viña denunciando denda fai uns meses na propia canceira cando apareceron un elevado número de cans mortos nunha fosa.

O Partido Popular do Carballiño pide "que se aclare esta situación e se depuren responsabilidades sobre calquera irregularidade que se determine". Desta maneira, demanda explicacións claras ó alcalde do Carballiño, Carlos Montes, ante a presente denuncia pública e ó BNG, como socio do goberno actual, para que actúe en consecuencia e axude dende a Concellería de Medio Ambiente a que todo este se clarifique.