Continúa a busca do veciño desaparecido no Regueiro, o concello de Boborás incorpora ao operativo un tractor-desbrozadora

5, Abril 2022

O concello de Boborás utiliza o tractor-dsbrozadora municipal para facilitar o acceso a algunhas zonas de difícil acceso debido á maleza existente, na contorna próxima ao pobo do Regueiro. Os familiares de Marcial Manteiga, o home de 80 anos desaparecido dende o pasado venres, foron os que propuxeron esta iniciativa.

Son xa cinco dias de busca sen resultados, nos que un amplo operativo levou a cabo o rastrexo tanto das inmediacións desta localidade na zona de montaña do concello de Boborás e mesmo noutros concellos limítrofes como os de Beariz e Forcarei.  Con este operativo, coordenado pola Garda Civil, tamén colaboraron nas últimas horas traballadores do distrito forestal do Carballliño.