Continúa o éxito de público na Mostra de Teatro Afeccionado organizada por Tiruleque, que chega con outros dous espectáculos para esta fin de semana

30, Outubro 2025

Tiruleque, Grupo de Teatro, porá novamente este sábado dia 1 de novembro ás oito da tarde en escena a comedia "A CONSPIRACIÓN DA PIOLLA" que tivo na súa estrea, o pasado domingo, unnha extraordinaria acollida entre os asistentes, que practicamente encheron o Auditorio Manuel María do Carballliño.

Esta nova representación contará con algúns novos actores interpretando distintos personaxes da obra. Será o primeiro de novembro.

Ao remate da actuación entregarase o Premio Tiruleque, consistente nunha placa conmemorativa á mellor obra da Mostra do 2024, que correspondeu a "SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN" que na pasada mostra correu a cargo da Aula de Teatro da Universidade de Vigo, Campus de Vigo.

Ao acto oficial da entrega espérase a asistencia de dona Susana Reboredo Morilla, Vicerreitora da Extensión Universitaria, as dúas directoras da comedia, dona Casilda García e dona Sonia Rúa, así como sete dos acores e actrices, que tamén acudirán no nome de tódolos seus compañeiros de elenco.

O domingo, 2 de novembro, tamén as oito da tarde, Rebuldeira Teatro achegarase á vila cunha irreverente representación de "@S VELL@S NON DEBEN DE NAMORARSE", como homenaxe aos 75 anos do falecemento de Castelao.