A contrucción dun muro na obra do entorno da Veracruz provoca numerosas críticas

14 Mar 2010
O muro da polémica
O muro de formigón tén unha altura dunhos 2 metros e a súa construcción impide ver a a escalinata e o arco da entrada principal do templo desde a súa parte nordeste, perdendose unha das perspectivas do monumento, tanto desde a rúa Evaristo Vaamonde como desde a zona nordeste da igrexa. Asi  o veñen manifestando nos últimos dias moitos veciños do Carballiño, críticos ante a aparición deste muro, que forma parte da obra de urbanización do entorno da Veracruz, que está a executarse na actualidade.  O proxecto está financiado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestucturas da Xunta de Galicia, cun investimento que ronda o millón de euros, foi tamén este mesmo departamento autonómico quen se encargou da redacción e licitación do proxecto. Non son poucos os carballiñeses que comentan a súa perplexidade sobre este aspecto da obra, "non entendo nin os que redactaron o proxecto e a quenes en patrimonio deron autorización a esta aberración" afirmaba onte unha destas persoas, das moitas que non perden ocasión de reclamar unha urxente actuación das autoridades muncipais para que se reconsidere esta parte do proxecto. Entenden que existen outras solucións técnicas, que non provocarían esta pérdida de visión sobre o monumento de Palacios.

Comentarios

¿Pero onde andan os señores

¿Pero onde andan os señores de cultura, os delegados de patrimonio? Que lles pasa señores/as de Patrimonio seica non teñen ollos na cara? Ou somentes os teñen para os cemiterios do rural? Onde estan os "estirados" señores arquitectos de patrimonio que esixen proxectos para facer unha sepultura?¿ Qué pasa que este muro non é un atentado contra o conxunto armónico do lugar? Se non toman cartas no asunto os "metome en todo" dos de Cultura con respeto a esta aberración, mellor lles sería cerrar as oficinas na casa do chocolate en Ourense na Avda. da Habana. ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Que vergoña señores de cultura-patrimonio!!!!!! Sigan así multando as pobres xentes que tan sólo queren acondicionar-MELLORAR as súas casas no rural. REPITO QUE VERGOÑA SEÑORES DE PATRIMONIO!!!!!!! PROVOCAN VOSTEDES A NAUSEA EXISTENCIAL DE SARTRE.

O concello do Carballiño fai

O concello do Carballiño fai obradoiros e escuelas taller para formar canteiros , ferreiros , carpinteiros... e despois encargan obras que se fan de formigon (deixan mais marxe de ganancia).A igrexa da Veracruz esta feita de pedra que e algo que nos , en Galicia,temos a monton.Que millor, ca crise que hai ,que darlle traballo a xente que se formou nas escolas taller e o mesmo tempo utilizar un producto tan noso e tan abundante como e a pedra natural.Politicos do Carballiño (PSOE,PP,BNG) ¿pensades que somos parvos ?

Non podo estar máis dacordo

Non podo estar máis dacordo contigo, a veracruz foi obra dos nosos canteiros, algún deles auténticos artístas, como o autor do arco dos apostoles, que teño entendido que era veciño do Carballiño aínda que pertencía a famosa escola dos canteiros de Dadín-O Irixo, non recordo agora o seu nome, pero coñezo ben o seu fillo, O Cortizo, que vivian ó lado do regato do Carrás, na estrada de Señorín. Unha magoa, e tamén unha vergonza que esta obra de construcción da praza se faga a base de formigón e pedra serrada. De xulgado de garda, igual que o do muro. Que inútiles.

Tamén eu son da opinión de

Tamén eu son da opinión de que este muro sobraba e hai outras solucións técnicas, pero o que me deixou perplexo foi saber hoxe cando escoite a Amil na Cope que non había noticia da obra de consolidación da torre, e pareceme que esa actuación debe ser prioritaria, non esquezamos que o fundamental é o monumento e o seu estado de conservación, e o demáis e secundario. Asi que o Concello e a propia Parroquia, debían esixir que esta obra na torre se acometese o máis pronto posible, por cuestiós de seguridade e tamén de estética e turística, xa que feita esa obra supoño que entón sera posible acceder atá o alto da torre. Espero e desexo que haxa noticia en breve.

¿e cándo se van resolver as

¿e cándo se van resolver as alegacións presentadas? ¿cándo estea rematada a obra? Non entendo nada.

E moi facil de entender, e a

E moi facil de entender, e a politica dos feitos consumados.Son uns mediocres.

AMIL ERES UN NEFASTO

AMIL ERES UN NEFASTO POLITICO,E SÓ HAI QUE VER NO TEMPO QUE LEVAS GOBERNANDO,NON DAS UNHA A DEREITAS,ESO SÍ DEDICASTE A IR DE PAPAROTA EN PAPAROTA E SAIR NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN ENCANTACHE;SABES QUE NA PRÓXIMA LEXISLATURA NADA DE NADA,VAITE PARA CASA DUNHA VEZ,NON VALES ERES UN INEPTO,AMIL DIMITE XA.

Parece que algunhos/as

Parece que algunhos/as queredes adiantar a precampaña electoral do ano que ven, e se non é asi, non vexo eu a que ven este furibundo ataque, vese que hai cariño a Amil. Se a critica é pola chapuza esta do muro non creo que Amil sexa o culpable, e se te refires a outros asuntos explicate un pouco mellor, e traquilízate un pouco que berras moito.

O Amil dedicase a sair nos

O Amil dedicase a sair nos medios de comunicación e non ten nin idea de que vai ó conto aquí no Carballiño,primeiro que de obras por moito que ó intente nada de nada,ó seu é a enseñanza.poderia ser un bó concelleiro de recursos humanos,pero de obras non,e non,pq eso haino que mamar levalo na sangre e e´l ó único ó que se dedica é a facer demagóxia.e sair na prensa e na vosa radio. hai que patear como patea ó señor edelmiro dende ás sete da mañá,falar cós veciños e non facer tonterias .

O arquitecto anda chosco e os

O arquitecto anda chosco e os do concello birollos.

Lamentable, ¿por qué un

Lamentable, ¿por qué un proxecto tan relevante para a Veracruz non se expuxo durante un tempo ó publico ? ¿por qué o Concello non deu a coñecer como vai quedar esta praza? ¿por qué non se organizou un debate en tempo e forma sobre unha obra tan importante? a dia de hoxe solo os que están no concello saben do proxecto e como vai quedar esta praza, enfin, como para pñerse a temblar.

Eu non son ecoloxista, é

Eu non son ecoloxista, é máis, non me teño por un gran amante da natureza, non lle dou maior importancia a unha árbore nin a unha planta, pero ler un comentario como que algún lle estorban as palmeiras da Veracruz para facer unha foto......agggggeeea, que lle quiten a palmeira e que lle planten un trípode, si señor

simplemente digo que as

simplemente digo que as palmeras quitan a vista, e non me parece adecuado plantar arbores de altura o lado dun monumento, a ver se te enteras, que eso non se vé en ningurres nin se lle ocurre o que asou a manteiga, non me imaxino se alguén ten esta ocurrencia no Obradoiro, poño por caso. As palmeras son un estorbo para a vistosidade do monumento, claro que co argumento do trípode que utilizas pareceme que tomas con bastante frivolidade a miña crítica, que o único que pretende é unha chamada de atención para que pensen un chsico -quen corresponda- antes de plantar árbores de altura na futura praza, creo que é unha humildisima contribución que fago como carballiñesa o que debe ser o entorno da veracruz. E o do muro, sinceramente, tampouco me gusta por moita pedra da que vaia recuberto, o me parece o máis idóneo, e xa que falo de pedras, hai varios paléts de pedra serrada apiladas na parte de arriba da Igrexa ¿non irán cubrir a praza con ese tipo de pedra?

E que me decides das palmeras

E que me decides das palmeras do outro lado, que non deixan ver a Igrexa e moito menos sacar unha foto decente. A ver se enteran estos de patrimonio e do Concello que o importante é o monumento e non a praza, que polo que veñen adiantando van encher de árbores, o que aínda impedirá máis a visión. Desde logo que esto do muro non tén xustificación ningunha, e moito menos desde o punto de vista da estética.

Claro que existen outras

Claro que existen outras solucións técnicas, e debense esixir, porque esto é unha chapuza e unha vergonza para O Carballiño, e unha falta de responsabilidade dos gobernates municipais, que deberían correrxir esta machada antes de que sexa máis tarde.

VOUCHE DICIR UNHA SOLUCION

VOUCHE DICIR UNHA SOLUCION TECNICA, EN VEZ DO MURO QUE O QUE VAI FACER PARA A XENTE QUE DE CONSTRUCCION NON SABE MOITO, E CONQUERIR QUE A PRAZA ESTEA A MESMA ALTURA QUE A IGREXA, NON ENTERRADA, PROPOÑO FACER UN BO EDIFICIO DE 500 METROS CADRADOS DE PLANTA PEGADIÑO A IGREXA....SE CADRA NON TAPA TANTO COMO PENSAMOS.....SE OUTROS TEMPOS VOLVERAN A ESTA VILA......SE CADRA CON OUTRO DIRIXENTES ARRINCONABASE UN CHISCO MAIS ESTE MONUMENTO CON MAIS EDIFICIOS.....PENSADE UN CHISCO !!!!!!!!

Pero que terán que ver os

Pero que terán que ver os allos coas cebolas...que terán que ver as aberracións doutros tempos co que aqui se comenta, ainda que aquelas aberraciós teñan nome e apelidos de arquitéctos, igual cá esta. Eche a miña opinión, e lamento que te saque asi das casillas como para plerte a berros. Tranquilízate que che vai dar un mal.

Estamos apañados como lle den

Estamos apañados como lle den algún outro poxecto monumental aos mesmos. Acaban co pouco que temos...