Convocado o pleno extraordinario da corporación: San Amaro elixirá novo alcalde o próximo lúns dia 25

20, Outubro 2021

O concello de San Amaro coñecerá o próximo lúns dia 25 ao seu novo alcalde, para ese dia, ás 12 horas, foi convocado o pleno da corporación municipal para elixir o novo rexedor, e trala renuncia presentada semanas atrás polo exalcalde socialista Rubén Gómez, que ademáis tamén formalizou a súa renuncia como concelleiro.

Precisamente, no primeiro punto da orden do dia do pleno extraordinario do próximo lúns tomará posesión a súa sustituta no grupo socialista, que será Maria Jesús Fernández González. E de seguido, procederáse á votación para a elección de novo alcalde de San Amao.

Tan so un acordo a tres bandas, entre o PSdeG-PSOE, o concelleiro de Xuntos por San Amaro Carlos Paz, e a concelleira non adscrita Sonia Ordoñez, impediría que o candidato do Partido Popular Fernando Rodríguez Redondo sexa elixido como novo alcalde, toda vez que con 4 concelleiros foi o máis votado nas eleccións municipais de 2019.