A Coordenadora Veciñal convoca unha manifestación contra a incineradora para o vindeiro 7 de xaneiro

26, Decembro 2011

A Coordenadora intensificará nos próximos dias a súa actividade convocando á veciñanza para que acuda a manifestación de protesta que terá lugar o vindeiro dia 7 de xaneiro, sábado, ás 4 da tarde. A manifestación partirá do lugar do Abanico e recorrerá a estrada Lalín-O Carballiño achegandose atá As Laxas, para rematar coa lectura dun manifesto na Praza do Concello do Irixo. Antes, este mércores dia 28 de decembro, ás 12 do mediodia, a Coordenadora Veciñal acudirá á Praza do Concello do Irixo, onde depositarán lixo e celebrarán unha concentración de marcado carácter lúdico, no dia dos Santos Inocentes.

Estas primeiras accións de protesta acordáronse no transcurso dunha reunión que se celebraba este pasado sábado no Centro Social da Parroquia de Loureiro, onde os membros da Coordenadora atoparonse " con que non había luz, chamamos a un electricista e pudo comprobar que alguén ordenou a Fenosa cortar o sumistro, parécenos unha medida moi rastrera por parte do Alcalde", manifestou Alberto González en declaracións a COPE O Carballiño.

Mentres, o Alcalde Manuel Penedo, explicou que esta incidencia debeuse a un trámite burocrático coa empresa suministradora tralos cámbeos feitos na instalación en todos os centros sociais, nos que se implantou un sistema de aforro enerxético financiado polo plan E "quen me coñece sabe que eu esas cousas nunca as fixen nin as faréi, ningúen nos avisou no Concello desta circustancia como fixeron noutros pobos, porque aquí o importante era facer daño da forma que se pudese e punto, e eu daño non llo desexo a ninguén",  suliñou o Alcalde do Irixo.

CHARLA INFORMATIVA NA CASA DA CULTURA DO CARBALLIÑO

A "Plataforma Incineradora Non" promovida no Carballiño polo PSdeG programaou para este martes dia 27 unha charla informativa "Sobre os efectos dunha posible incineradora na nosa Comarca". Celebraráse na Casa da Cultura do Carballiño ás 20,30 horas, e na mesma falarán Anxo Saborido, representante da Federación Ecxoloxista Galega, e Serafín González, biólogo e membro da Sociedade Galega de Historia Natural.