COPE O Carballiño, líder en audiencia na provincia de Ourense en horario de mediodia, no último "Estudo Xeral de Medios". 14.000 oíntes sintonizan a diario o 91.9 da FM.

13, Abril 2021

Cada dia 14.000 oíntes entretéñense e infórmanse do que acontece na comarca sintonizando o 91.9 da FM, asi o acredita a primeira onda de 2021 do  "Estudio General de Medios" que ven de publicarse. Unha nova entrega do EGM realizada no primeiro trimestre do ano e que consolida a COPE O Carballiño como a terceira emisora de radio de toda Galicia, incluidas as que emiten nas capitais de provincia, con máis audiencia diaria no horario de mediodia, cando esta emisora de radio emite a súa programación comarcal. 

Os datos publicados este martes dia 13 de Abril polo EGM poñen de manifesto que cando ás 12:30 horas comeza o seu programa local, COPE O Carballiño convértese na emisora de radio máis escoitada na provincia de Ourense, incluindo as da capital. COPE O Carballiño tamén continúa sendo líder provincial de audiencia aínda no tramo final do programa local, a partir das 14:00 horas. 

Asi pois, dende COPE O Carballiño so podemos dicir grazas por estar con nós cada dia, grazas por formar parte desta gran familia, grazas por conseguir que unha radio do Carballiño sexa referencia na radiodifusión local en Galicia.