A corporación carballiñesa aprobará este xoves a solicitude dun préstamo estatal por importe dun millón 158 mil euros, para pagar facturas pendientes ós proveedores do Concello

30, Xuño 2009

A sesión da corporación municipal do Carballiño, a celebrarse este xoves dia 2 de xullo a partir da unha da tarde, terá un marcado carácter económico xa que se tratarán diversos puntos que teñen que ver coas contas e finanzas do concello carballiñes. Asi, someteráse á aprobación do pleno o recoñecemento extraxudicial de facturas ó amparo do real decreto de medidas extraordinarias e urxentes  para facilitar ás entidades locais o saneamento de débedas e o pago a empresas e autonómos, polo que se procederá ó recoñecento de facturas por importe dun millón 158 mil euros, que tén pendientes de pago o concello do Carballiño. En consecuencia, tamén deberá aprobarse un plan de saneamento  financieiro, ó amparo deste mesmo real decreto, no que se fixa a reducción de gastos en distintas partidas económicas, e recollese o compromiso de devolución do préstamo ó Estado, a razón dunha cuota de 18.900 eruos mensuais durante cinco anos e medio. Ademáis, nesta mesma sesión plenaria, tamén se debatirá outro punto máis que tén que ver coas contas muncipais, neste caso un expediente de tránsferencias de crédito entre partidas orzamentarias, e coa finalidade de pagar xuros ás entidades crediticias e cubrir as aportacións económicas que lle corresponden ó Concello na obra de constrrcción da nave de servizos da Uceira e a obra da Galescola. Para elo, deixaránse sen efecto as partidas orzamentarias que estaban destinadas ó consorcio do parque intercomarcal de bombeiros, por importe de 129 mil euros, e outras partidas de menor contía que estaban reservadas para actividades culturais.