A crise da construcción deixou en suspenso 680 vivendas no Concello do Carballiño

3 Mar 2010
Manuel Amil
Os datos foron facilitados polo Concelleiro de Obras e Urbanismo do Concello do Carballiño, Manuel Amil, no transcurso da súa interveción no programa "A Mañá de Cope O Carballiño", en total son 680 vivendas as que quedaron en suspenso, sen que os promotores desenvolvesen os proxectos que tiñan xa tramitados ante o departamento municipal de urbanismo. As 680 vivendas estaban proxectadas desde o ano 2007, nun total de 23 edificios, que contaban coa correspodente licencia de obra outorgada polo Concello do Carballiño. As malas previsións de vendas do sector, motivaron a suspensión dos proxectos por parte das empresas promotoras. Os datos son certamente moi siñificativos e confirman a recesión da construcción no ámbito municipal, un dos sectores clave na economia local, que mantivo historicamente un número de postos de traballo incluso por enriba de outras actividades, como a industrial. Esta caída na construcción no Concello do Carballiño xa se viña rexistrando, maís lentamente desde o ano 2003, xa que no "Anuario económico La Caixa 2009" recollíase que no quinquenio 2003-2008 a actividade no sector da construcción descendera un 15,2 no Carballiño, unha porcentaxe que, evidentemente, está xa moi por enriba nos dous últimos nanos. Os últimos datos veñen a confirmar agora que a construcción de vivendas está en caída libre, tamén no Concello do Carballiño. O Concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Amil, recoñeceu que os datos son moi negativos e preocupantes,  e manifestou que "tratarémos de contrarrestálos na medida das nosas posibilidades coas obras públicas do Plan E para este ano".

Comentarios

Tódolos estudios indican que

Tódolos estudios indican que en España se seguen a construir mais vivendas das que se venden. No caso do Carballiño a especulación é evidente, tendo en conta o esaxerado número de edificios construídos nos últimos anos, incitados polos enormes beneficios e o crecemento da burbulla inmobiliaria. Non existe, nin existiu nunca, unha demanda ou crecemento demográfico que xustificara tal febre constructiva. Nin a "autoestrada" nin as promicións e "feiras" que intentan atraer veciños de outras cidades como Ourense, onde tamén sobran vivendas, vai remediar a inflacción de imobles que ateigan a Vila e xa invaden a estación de trens. Cando tamén os bancos saquen ao mercado os imobles que teñen embargados a feira vai ser completa.