Cruel e inxusta derrota do Arenteiro ante o Tenerife, que gaña en Espiñedo cun gol de penalti no minuto 98.

21, Febreiro 2026

Un penalti que non era e sinalado a instancias dun dos árbitros auxiliares e transformado por Gastón no tempo de desconto fai que os 3 puntos viaxen ata terras canarias tras esta histórica visita do Tenerife a O Carballiño.

O Arenteiro, despóis do ridículo en Talavera na pasada xornada, mostrou desde o inicio unha cara moi distinta e tuteou durante todo o partido ao líder da categoria, que se levou un excesivo premio de Espiñedo. Incluso tivo o Arenteiro oportunidades para poñerse por diante no marcador pero o longueiro negou o gol a Bastida e posteriormente unha gran intervención do meta tinerfeño evitou o gol de Mingo, na mesma xogada.

Paso atrás dos verdes, que non lles queda outra que ir gañar ao Couto o próximo sábado, e comezar asi a revertir unha situación que comeza a complicarse moito na clasificación. O mellor é que aínda quedan 39 puntos en xogo.

VideoResumen do partido: https://www.youtube.com/watch?v=HFHvlU-ghdk

Cronica do partido en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2026/02/22/discutida-pena-...