Dacón festexa Santa Rita ao compás de boas orquestras e unha masiva afluencia de público

22, Maio 2013

As orquestras Costa Oeste, Marbella, Televisión e Panorama animan as verbenas nestas festas de Santa Rita 2013.

Completan o programa musical dos festexos a Banda de Música Popular de Ruviós, a Charanga Castro Bello e a Banda de Gaitas Os Achegados de Maside.

A Igrexa Parroquial de Dacón quedouse pequena practicamente a diario, dende que o pasado dia 13 comezou a celebración da Novena de Santa Rita, tanto nas misas matinais como nas da tarde. Os devotos de Santa Rita tampouco fallaron a súa cita no dia da súa festividade, dende as 7 da mañá foi unha constante a afluencia de público ao pobo de Dacón.