Demandan información sobre o proxecto da mina de litio en Doade. Escoita aquí a entrevista ao portavoz veciñal Victor Gil.

21, Abril 2025

O pasado 25 de marzo a Comisión Europea daba a coñecer os 47 proxectos considerados prioritarios na estratexía para a extracción de minerais  críticos da Unión Europea, entre eles está o proxeto mineiro coñecido como o da mina de litio de Doade, no concello de Beariz.

Desde ese mesmo dia, veciños da zona mostráronse excépticos ante este proxecto, e afirman que veñen demandando unha información á Xunta que, de momento, non teñen, polo que entenden están nunha situación de incerteza e indefensión. 

No PODCAST de COPE O Carballiño podes escoitar a entrevista a Victor Gil, da Plataforma SOS Suido-Seixo e presidente da Xunta de Comuneiros do Monte Veciñal en Man Común de Framia, en Beariz: