A deputada provincial Patricia Torres presenta a iniciativa "A Deputación Escoita" no IES Chamoso Lamas do Carballiño.

20, Marzo 2024

A deputada provincial de Políticas Sociais e alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, deu a coñecer ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato no IES Chamoso Lamas do Carballiño, os detalles da iniciativa "A Deputación Escoita", pensada como canle directa de participación da xente nova coa administración provincial.

Afirmou que para o goberno provincial é "importante a vosa achega para deseñar políticas para a mocidade". A primeira edición do certame "A Deputación Escoita" está orientado aos 1.500 mozos e mozas de 2º de Bacharelato dos 32 centros educativos de Educación Secundaria de toda a provincia, e consta de dúas modalidades: para a mocidade emprendedora (que consiste no deseño dun logo para o proxecto "A Deputación Escoita", e a titulada "un futuro para Ourense", consistente nun documento de propostas, demandas ou iniciativas que melloren a provincia.