Desactivada a situación de emerxencia polos incendios do Irixo e Boborás, ao non existir perigo para os núcleos de poboación. Os lumes, aínda activos, xa suman 800 hectáreas arrasadas.

11, Agosto 2022

A Xunta solicitaba onte a declaración da "Situación 2" de emerxencia, unha situación operativa que se decreta cando existe perigo pola proximidade dos lumes aos núcleos de poboación, de fetio a Garda Civil desaloxou o pobo de Trabazón no Irixo a advertíu a poboación doutros núcleos que estivese preparada para proceder a unha evacuación de emerxencia, aínda que finalmente non foi precisa.

Xa nesta tarde de xoves, desactivabase esta "Situación 2" de emerxencia, ao non existir xa perigo para os núcleos de poboación nestes lumes nos concellos de Boborás e O Irixo, nos que a situación foi sendo máis favorable co avance da xornada, aínda que nalgunhos casos os incendios reaviváronse ao mediodia, como aconteceu nos de Trabazón, Outeiro e Saavedra, todos eles no municipio do Irixo.

Aínda que Medio Rural mantén aínda os datos do mediodia sobre a superficie afectada, 680 hectáreas no Irixo e 120 en Boborás, o certo e´que os lumes aínda permanecen con algunhos focos activos e a superficie afectada é maior que as 800 hectáreas recollidas no último informe con datos de primeira hora da tarde deste xoves dia 11.