Detectados 15 positivos entre as 1.388 persoas que acudiron ao cribado deste martes no Carballiño, para menores de 40 anos de toda a comarca e o concello de Avión.

20, Xullo 2021

Os test de antíxenos detectaron 15 positivos asintomáticos entre as 1.388 persoas na franxa de idade entre os 16 e os 40 anos que participaron neste cribado poboacional realizado polo Sergas no Pavillón de deportes do Carballiño na tarde deste martes 20 de Xullo. A participación foi do 46,3% do total de persoas convocadas.

Ademáis da autocita, mediante inscrición voluntaria, o Sergas completou a convocatoria ata as 3.000 persoas, con médico de atención primaria nos centros de saúde do Carballiño, Beariz, Boborás, O Irixo, Cea, Piñor, Maside, San Amaro, Punxín e Avión.