Dia da Muller: Club Deportivo Arenteiro anuncia a creación do seu equipo feminino de futbol "un paso real a favor da igualdade", apuntan dende a entidade carballiñesa.

8, Marzo 2022

Coincidindo este 8 de marzo coa conmemoración do Día Internacional da Muller, o Club Deportivo Arenteiro ven de anunciar oficialmente a chegada do fútbol feminino ao organigrama da entidade carballiñesa.

A través dun vídeo publicadado na RRSS do club, o presidente da entidade deportiva, Argimiro Marnotes, acompañado da concelleira de deportes do concello carballiñés Silvia Baranda outras afeccionadas e deportistas que apoian este proxecto, entre elas é recoñecible a primeira árbitra galega internacional, Zulema González, anunciaron a apertura do prazo de inscrición para todas aquelas nenas, rapazas e mulleres que desexen incorporarse a este novo proxecto deportivo, para elo dende hoxe a través da WEB institucional do club poderá descargarse esta solicitude de inscrición.

Con esta determinación, que xa fora avanzada aos socios do club por parte da directiva na última asemblea celebrada, o Club Deportivo Arenteiro da un paso real  para a igualdade entre mulleres e homes, neste caso, na practica deportiva do fútbol.