Dispáranse os casos de coronavirus no concello de Beariz, 13 novos contaxios activos nas últimas 24 horas, nun brote na Residencia de Maiores

20, Novembro 2020

Un brote localizado na Residencia de Maiores da localidade fai que se dispare o número de positivos en coronavirus no concello de Beariz, que suma hoxe 17 contaxios activos, dos que 16 están vinculados a este brote no xeriátrico bearicense. Fai apenas dous dias Beariz tiña un único contaxio activo de Covid-19, onte xa eran catro e hoxe venres dia 20 de Novembro pasan a ser 17.

Tamén rexistra hoxe un aumento de casos o concello de Maside, que pasa de 2 a 4 contaxios activos. Mentres, O Carballiño continúa dando boas novas e volve rexistrar un descenso, esta vez de 3 contaxios activos menos que onte, o que deixa a cifra en 23.  E sen variacións no resto de municipios, que presentan os seguintes casos positivos: Boborás (5) Piñor (4) San Cristovo de Cea (3) O Irixo (2) Punxín (1) e San Amaro (0)