Dous feridos nun accidente de tráfico na N-541 ao seu paso por Brués

21 May 2010
Duás persoas resultaron con feridas, unha delas de gravidade, tras rexistrarse un accidente de tráfico na estrada N-541, á altura da localidade de Brués, no termo municipal do Concello de boborás. O sinistro ocorreu pasadas as sete da mañá cando colisionaron frontalmente dous vehículos, tralo choque unha das víctimas sufriu feridas graves, polo que foi evacuada ó Complexo Hospitalario de Ourense nun helicóptero do 112, mentres que a outra persoa ferida foi trasladada en ambulancia, tras recibir as primeiras asistencias. Ademáis da Garda Civil de Tráfico, que regulou a circulación na zona, tamén interviron os Servizos Médicos do 112 e unha dotación do Grumir e Protección Civil do Carballiño.

Comentarios

Todos nas nosas profesións

Todos nas nosas profesións debemos buscar a EXCELENCIA para garantizar o éxito do noso traballo, esa debe ser sempre a premisa e, dende logo ten que ser unha obriga para todos aqueles dirixentes e gobernantes que se atopan ao servizo do pobo en absolutamente todas as súas decisións e execucións. Pero..., lamentablemente, creo que nin se pararían a pensar nisto (ahí esta ese muro para comprobalo). Pouco máis se pode decir. Gracias pola iniciativa da plataforma.

Pedimos moitas disculpas pola

Pedimos moitas disculpas pola introducción deste comentario nesta noticia. Perdón polo erro. Foi unha confusión.

¿Que carallo ten que ver o

¿Que carallo ten que ver o muro da vergonza que se está a construir ó lado da Veracruz co accidente de tráfico en Brues?.

E iste comentario....que ten

E iste comentario....que ten que ver coa noticia do acidente en Brués?????