Dous goles de Kennedy dan a victoria ó Arenteiro ante o Atios, 2-1

13, Febreiro 2011

Dous goles de Kennedy, ún en cada parte e o primeiro de penalti, deron o Arenteiro a quinta victoria no que vai de liga, ante unha U.D. Atios que se víu superada na maior parte do partido polo equipo de Francisco Romero, que na recta final do encontro tivo varias oportunidades para ampliar o marcador. Dous penaltis, ún en cada área, ámbos en xogadas sen aparente perigo dos atacantes, levaron o 1-1 ó marcador. Kennedy transformou a pena máxima aínda na primeira parte, e xa na reaunudación, empataba tamén desde os 11 metros o Atios. Sería novamente Kennedy quen desnivelaría o partido a favor do Arenteiro, a un cuarto para o final, ó cabecear maxistralmente un balón que se foi o fondo da portería porriñense. Resultado xusto polas ocasións de gol creadas por unhos e por outros. A próxima cita o vindeiro domingo no Miguel Anxo Cortizo ante o líder da categoria, o Lalín, unha victoria do Arenteiro abriría as portas á esperanza.