Dúas mulleres intoxicadas por monóxido de carbono por culpa dun braseiro nunha vivenda sen ventilar, no concello de Avión.

Dúa mulleres xóvenes precisaron atención médica urxente tras sufrir unha intoxicación por monóxido de carbono.
Quedaron durmidas e cun braseiro encendido no interior dunha vivenda no Camiño da Revoltiña, na capitalidade municipal de Avión. Afortunadamente, unha delas despertouse mareada e con vómitos e pudo avisar a unha veciña, que foi a que de inmediato chamou ao 112 pedindo axuda.
O operativo mobilizou ao Grupo de Emerxencias Municipais do concello de Avión, á Garda Civil e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon e trasladaron ás dúas mulleres afectadas.
Os efectivos do GES realizaron as medicións necesarias na vivenda afectada, procedendo a súa ventilación.