Educación activa o protocolo do coronavirus no Colexio da Uceira tras confirmarse un positivo nun curso de 5º de primaria, os contactos directos da aula e os usuarios do bus do transporte escolar afectado non deberán acudir ao centro este lúns

20, Setembro 2020

A confirmación dun caso positivo en coronavirus nunha aula de 20 alumnos dun 5º curso de primaria no CEIP Calvo Sotelo, edificio da Uceira, motiva a activación do protocolo, as familias afectadas xa foron informadas na xornada deste domingo.

A partir deste lúns dia 21 de Setembro, non deberán asistir ao colexio os contactos directos da aula afectada por este caso positivo en Covid-19. Xa foron notificados a totalidade de usuarios que comparten o autobús do transporte escolar.