Enfermeiras de Primaria forman aos nenos e nenas da Comarca para recoñecer e responder ante unha emerxencia

13, Xuño 2018

Enfermeiras da Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense colaboran na organización dos talleres “Pupas, Sustos e Outros Disgustos” novidosa iniciativa que capacitará aos alumnos, de 3º e 4º de Educación Primaria, dos colexios da comarca do Carballiño, par recoñecer e actuar ante unha situación de emerxencia, así como a responsabilizarse do autocoidado da súa saúde, perdendo o medo ante situacións da vida diaria.

O proxecto, promovido por unha enfermeira do Centro de Saúde de Carballiño, Verónica Civeira, contou co apoio dun grupo de enfermeiras doutros centros de saúde de Ourense, tecnicos de saúde do 061, alumnas de enfermería e especialistas en formación (EIR), así como coa colaboración do profesorado dos centros de ensinanza desta bisbarra, o que permitirá formar a, mais de 300, rapaces dos colexios de Carballiño, Maside, O Irixo, Boborás, Punxín, San Amaro e Beariz.

O obxectivo principal é darlles unha formación práctica, para recoñecer as situacións de emerxencia mais habituais, desde as mais comúns como golpes, cortes, queimaduras ou outras feridas, a outras de maior gravidade, como un atragantamento, convulsións ou falta de consciencia. Concienciandoos da importancia, cando e como alertar aos servizos sanitarios ante unha emerxencia, así como para actuar inmediatamente.

Prácticas con simulación de situacións reais

O proxecto iniciouse este mes e desenvolverase ata o vindeiro de novembro, período no que se organizarán talleres nos colexios Calvo Sotelo, Vila de Arenteiro e Sagrario Corazón de Carballiño, así como nos CEIP Terras de Maside, Virxe da Pena da Sela do Irixo, Nosa Señora de Xuvencos de Boborás, Punxín, Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro e Beariz.

Os talleres teñen unha duración de dúas horas, divididos en dous módulos, cunha breve proxección e explicación inicial e posteriormente exercicios prácticos en grupo. O primeiro módulo refírese as “pupas e sustos de cada día” como febre, diarrea e vómitos, golpes e hematomas, feridas, cortes, sangrado pola nariz, sustancias nos ollos, queimaduras e recomendacións para manterse sans.

O segundo inclúe o capítulo de “sustos e grandes disgustos” onde se lles orienta a recoñecer estas situacións, conciencia da importancia de alertar, e como, aos servizos sanitarios, asi como a recoñecer e actuar ante o atragantamento, convulsión ou inconsciencia dunha persoa. Para elo aprenden a crear unha zona segura ou como suxeitarlle a cabeza, ante unha convulsión, asi como a practicar, cun moneco, a maniobra Heimlich (ante un atragantamento).

Tamén, ante un suposto dunha persoa insconsciente, os rapaces practican, por parellas como comprobar o nivel de consciencia e respiración, como posicionalo e iniciar as manobras de resucitación cardio pulmonar, gañando tempo ata que cheguen os servizos de emerxencia.

Ademais dos nenos e nenas, aos talleres do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo de O Carballiño, tamén asistiron profesores. Todos os que completaron estes días o curso, 110 rapaces e 5 profesoras, recibiron hoxe seu diploma acreditativo de mans do responsable da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Julio García, a subdirectora de procesos de enfermería, e colaboradora do proxecto, María Dolores Sánchez, e a directora deste centro escolar, Aurea González.

Desde Carballiño para o Mundo

A Organización Mundial da Saúde alerta da necesidade de difundir coñecementos de primeira intervención, que poden salvar vidas ante unha emerxencia, especialmente entre os mais pequenos (Kids Saves Lifes) aconsellando practicar, nas escolas de todo o mundo, as manobras de reanimación cardiopulmonar ou como usar un desfibrilador automático. De feito, a OMS suxire o primeiro entrenamento entre os nenos de educación primaria, entre 6 e 12 anos, precisamente entre os que se desenvolven estes talleres.

A inspiración do proxecto foi precisamente este programa da OMS, combinado cunha experiencia previa duns talleres de primeiros auxilios, promovidos pola AMPA “A Uceira” do CEIP Calvo Sotelo de Carballiño, xa que xeraron un alto grao satisfacción entre os rapaces e lles axudaron a perder o medo ante estas situacións.

Ademais, a avaliación dos resultados dos talleres servirá tamén, para coñecer o grao de coñecementos nestas materias por parte dos rapaces, tanto antes como despois do curso, medindo así súa efectividade como vía para establecelos de xeito programado e periódico nun futuro.