Esgotadas en 24 horas as autocitas para o cribado comarcal programado polo Sergas no auditorio do Carballiño para esta semana.

9, Xaneiro 2022

En apenas 24 horas quedaron esgotadas as autocitas para participar nos tres cribados que para a poboación dos nove concellos da comarca do Carballiño programou o Sergas, e que se levarán a cabo o lúns 10, o mércores 12 e o venres 14 no auditorio municipal do Carballiño.

Aínda en plena fase expansiva desta sexta onda da pandemia, na que a comarca carballiñesa supera os 500 contaxios activos, a finalidade dos cribados é detectar persoas infectadas e asintomáticas entre a poboación.

Tamén están esgotadas as autocitas dispoñibles para os dous cribados programados en Ribadavia para a poboación do concellos do Ribeiro.